Actualmente, millóns de individuos publican diariamente contidos na web. En moitas ocasións, exprésanse opinións ou sentimentos sobre produtos, servizos, personaxes públicos, etc. A área de Minería de Opinións e Análises de Sentimentos aborda os retos asociados co tratamento automatizado destes contidos para a estimación de subxectividade, clasificación de sentimentos (p.e. positivo/negativo/neutro), resumo de tendencias, e outros problemas relacionados. Trátase de un campo de traballo que demanda tecnoloxías procedentes de diversas áreas da Computación (Recuperación de Información, Aprendizaxe Automática, Procesamiento de Linguaxe Natural, entre outros) e que ten un interese estratéxico para múltiples institucións e corporacións en diversos escenarios.
Esta charla está enfocada a presentar os numerosos retos asociados coa clasificación de polaridad en documentos procedentes de medios sociais da web (p.e. blogs). Estes textos adoitan ter moito ruído (contidos irrelevantes, partes que non expresan opinión, etc) e, usualmente, existen opinións enfrontadas. Todo iso fai que a estimación de polaridad sexa enormemente complicada. Na charla, o Dr. David E. Losada, argumentará que comprender o fluxo de sentimentos é un reto crave para predicir a polaridad dos documentos e revisará brevemente algúns traballos que dan importantes pasos nesta dirección.


