ENISA participará na próxima xornada de “Foro de Inversión Galicia”

17 agosto, 2011
By

“Foro de Inversión Galicia” organiza unha xornada sobre instrumentos de financiamento de startups o vindeiro 29 de setembro en Santiago de Compostela, na xornada poderase coñecer a un dos principais actores do financiamento de empresas innovadoras en fases iniciais, ENISA.

Para coñecer máis sobre ENISA, os seus préstamos participativos, e o funcionamento das principais fontes de financiamento que teñen as startups no noso país pódese realizar a inscrición á xornada “Instrumentos de Financiamento para Startups Innovadoras: Capital Risco e Business Angels” , organizada por Foro de Inversión Galicia no marco do proxecto europeo AT Venture que persegue a promoción e desenvolvemento de empresas innovadoras, así como a súa difusión e mellora do acceso aos instrumentos de financiamento destas start-ups, especialmente sociedades e redes de investimento privado.

Programa Completo (PDF)

Inscricións (Páxina do IGAPE)


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*