Escola de Investidores de Redinvest

12 julio, 2011
By

Con motivo do VIII Encontro entre investidores privados e emprendedores realizado o pasado 21 de xuño presentouse no Círculo de Empresarios de Galicia a Escola de Investidores de Redisnvest.

A Escola de Investidores de Redinvest, creada en colaboración con Bic Galicia e a Escola de Negocios de Novacaixagalicia,e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, organiza o primeiro Ciclo de Formación para Investidores, que, estruturado en catro seminarios, inciará a súa programación no mes de setembro.

Trátase de facilitar aos investidores os coñecementos, ferramentas e procesos técnicos que convén ter en conta á hora de avaliar novos proxectos, que teñen un alto potencial de crecemento, pero tamén un alto risco. Os investidores privados son a principal fonte de financiamento de proxectos innovadores en Estados Unidos, onde achegan cinco veces máis que as empresas de capital risco; en Europa é un fenómeno relativamente recente, e existen máis de 300 redes de investidores privadas, das que apenas medio centenar son españolas.

A Escola de Investidores é o resultado da cooperación da Escola de Negocios de Novacaixagalicia, que achega a parte formativa ao proxecto, e de BIC Galicia.

O ciclo de formación para investidores desenvolverase entre setembro e novembro, e está organizado ao redor de catro seminarios, que analizarán os distintos modelos de investimento, o modo de controlala, a identificación de proxectos con alto potencial e os procesos para garantir a rendibilidade do investimento.

XORNADAS

1ª XORNADA: ¿Cál e a mellor forma de investir nun novo proxecto?

2ª XORNADA: ¿Cómo poderei controla a evolución da inversión?

3ª XORNADA: ¿Cómo podo identificar proxectos con alto potencial?

4ª JORNADA: ¿Cómo podo garantir que o meu investimento será rendible?

IMPORTE DA MATRÍCULA:

  • 900,00 €
  • 590,00 € *

Asistencia a unha xornada:

  • 300,00 €
  • 190,00 € *
* para membros de Redinvest o de outra rede de Business Angels de Galicia

Programa (PDF – 424 Kb)


Tags: , , , , , , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*